|
Un
dos puntos máis significativos e experimentais nas
miñas clases e que quero destacar cunha especial atención,
é a expresión plástica. Dela sírvome
para intentar reflexar dunha maneira máis física
e material, a canle de creatividade manual que servirá
para afirmar e concluir mellor diferentes propostas musicais.
Dende
pequenos traballos con cartolina, plastilina ou barro, debuxos
con ceras ou pintura de dedos e partituras enroladas, ata
debuxos en grandes superficies de parede e construcción
dos nosos propios instrumentos.
Con
isto pretendo ampliar máis a canle de expresión
e provocar nos nenos o pracer de comunicarse, de imaxinar
e de inventar. Penso que todo isto vai unido á música
e así o presento.
Un
debuxo feito nunha parede, polas súas dimensións
e amplitude de movimentos provoca máis liberdade e
tambén máis esforzo a hora de completa-la obra.
(Por suposto, o paso dun folio a un papel de grandes dimensións
tambén pode provocar reaccións contrarias á
liberdade, como por exemplo, o medo, pero vou insistir unha
vez máis en que todo proceso de cambio ten que facerse
pouco a pouco, dunha maneira evolutiva e no momento axeitado.
Un
instrumento fabricado coas nosas propias mans, tamén
dá unha maior satisfacción que un mercado na
tenda e sobre todo, desenvolve a imaxinación e a creatividade.
|