|
A
continuación expoño un programa elaborado a partires
dos anos de experiencia que levo dando clase, o cal foi evolucionando
para chegar ó que é agora, un programa personal, que
se alimenta de continua información, pero sobre todo alimérntase
da mellor fonte de intercambio que experimento cada ano, a dos propios
nenos, as súas demandas individuais e colectivas, a súa
creatividader e sensibilidader, e a miña propia.
Obxetivos xerais: educación rítmica,
vocal, auditiva, instrumental.
Obxetivos
específicos e os seus contidos.
Idade
4 e 5 anos
E.
rítmica
=Desenvolver
o sentido do ritmo.
=Capta-lo tempo natural do neno.
=Consegui-lo desprazamento rítmico no espacio.
=Consegui-la integración grupal do neno a través da
danza.
=Traballa-lo ritmo da linguaxe (palabras de 1,2 3 e 4 sílabas.
Pequenas frases.)
=Realizar actividades sonoras con apoio gráfico.
=Lograr que o neno acompañe con percusión corporal
e instrumental unha canción ou melodía.
=Ecos rítmicos.
=O ruído e silencio.
=Marca-lo pulso.
=Marca-lo acento sobre cancións coñecidas.
=Diferencia-los seguintes valores de notación da linguaxe
musical: 
=Traballar estes valores nunha liña.
=Crear diferentes combinacións rítmicas.
=Levar estes valores á percusión corporal e instrumental.
=Crear obstinatos rítmicos.
=Ubicación de tres sons en dous liñas do pentagrama
(bigrama): MI, SOL e LA.
=Ritmos en compás binario e ternario simple: 2/4 e 3/4
E. vocal
=Educar a voz do neno
=Practica-las técnicas de respiración propias da idade.
=Conseguir unha correcta vocalización.
=Ensinar cancións con texto e melodía adaptadas ó
nivel.
=Explorar e descubrir sons vocais diversos (asubíos, seseos,
onomatopeias, etc.)
=Imitación vocal dos sons que nos arrodean.
=Actividades vocais con apoio gráfico.
=Deseños melódicos.
=Eco melódico.
=Entonación de tres sons: MI, SOL e LA.
=Mimo e dramatización.
=Expresión e comunicación.
E.
auditiva.
=Aprender
a escoitar.
=O silencio como parte fundamental da música.
=Explora-las posibilidades sonoras do propio corpo e as da aula
na que se traballa.
=Desenvolve-la capacidade de concentración auditiva.
=Recoñecemento de fontes sonoras familiares.
=Ubicación espacial do son (dirección e procedencia).
=Memorización de secuencias de sons.
=Diferencia-las cualidades elementais da música:
forte-piano
curto-longo
grave-agudo
=O
timbre como elemento diferenciador.
=Identificar deseños melódicos e rítmicos en
gráficos propostos.
=Discrimina-las tres familias fundamentais de instrumentos de percusión
a traballar:
familia
de parche = pandeiros, tambores, etc
familia de madeira = caixas chinesas, claves, etc
familia de metal = pratillos, triángulos, etc
=Audicións
de pezas curtas de diferentes estilos e culturas musicais.
=Contos musicais.
=Formas musicais: a-a a-b a-b-a
E.instrumental.
=Consegui-la
coordinación e precisión manual axeitada para a utilización
dos instrumentos de
percusión.
=Coñece-las tres familias principais de percusión.
=Acompañar melodías sinxelas con obstinatos rítmicos.
=Acompañar unha danza alternando instrumentos corporais.
=Inventar acompañamentos.
=Te-la oportunidade de coñecer algún instrumento de
corda e vento dunha maneira directa: violín, viola, violonchelo,
guitarra, flauta traveseira, piano, armonio, e outros, a través
de filminas relacionadas con son grabado.
=Imitación instrumental dos sons que nos arrodean.
=Sonorizar contos musicais.
=Aprender a interpretar diferentes matices cos instrumentos.
=Crear unha pequena "banda musical"
-Idade 6 e 7 anos.
Neste
nivel, propoñerei as clases dependendo da traxectoria seguida
con anterioridade polo alumno, polo que a formulación será
unha continuación de todo o visto na etapa anterior, poidendo
amplialo en conceptos concretos do seguinte xeito:
=Relaxación-Respiración-Articulación.
=Amplia-la noción de silencio como desenvolvemento da audición
interna.
=Ampliación do espectro tímbrico.
=Pulso, Acento e Ritmo.
=O pentagrama.
=Clave de Fa en 4ª liña (iniciación).
=Ubicación de tódalas notas da escala no pentagrama.
= Engadir valores como: 
=O puntillo.
=A anacrusa.
=Ritmo de compases simples 2/4, 3/4 e 4/4.
=Practicar cualidades musicais intermedias como: agudo-MEDIO-grave.
Forte-MEDIO FORTE-MEDIO PIANO-piano.
=Fraseo (preguntas e respostas) tanto rítmicas como melódicas.
=A partitura musical.
=Expresión musical mediante diferentes matices e reguladores.
=Coñerce-los diferentes tempos ou movimentos.
=O caldeirón.
=A ligadura.
=Ecos rítmicos e melódicos en cadea.
=Forma: a-b-c
=Incluir algúns instrumentos afinados como os xilófonos,
metalófonos, carillóns, tubófonos....... (coordinación
das dúas mans)
=Traballo con partituras rítmicas sinxelas de 2 ou 3 voces,
onde se evidencien partes solistas e partes grupais
=Principios rudimentarios de armonía: discriminación
de dous ou máis sons simultáneos.
=O intervalo.
-Idade 8 e 9 anos.
Este
nivel, como o anterior, seguireino presentando como unha continuación
do curso pasado, sempre lembrando o aprendido e engadindo conceptos
novos que poidan ir levando ó neno cara a comprensión
dunha linguaxe musical máis ampla, que realmente lle poida
servir para comunicarse cos demais e por suposto, para seguir xerando
o desexo de aprender, ou polo menos o desexo de disfrutar coa música
tanto só como en grupo.
Nesta idade, o neno está máis maduro e máis
preparado para recibir información e tamén para demandala
e así poder resolver dúbidas, polo que poderiamos
dicir que a súa fluidez será maior á hora de
interpretar un xogo rítmico, melódico, vocal e instrumental
proposto.
A continuación, expoño novos obxetivos para este nivel:
=Amplia-lo
espectro tímbrico referíndose ás cualidades
do son: brillante-opaco
=Asociación do timbre como sensación táctil.
Textura tímbrica: son rugoso-liso
=Valores novos; a súa identificación e medida: 
=Diferentes dinámicas:
-
crescendo-diminuendo
- retardando
- caldeirón, etc
=Carácter,
matiz dunha obra musical.
=Dinámica dunha frase musical.
=Interiorización do ritmo.
=Diálogos musicais por grupos.
=O propio corpo como medio de expresión.
=Improvisación rítmica, vocal e instrumental.
=Movimentos e xogos dunha ou dúas consignas.
=Cánones rítmicos, vocais e instrumentais.
=Obstinatos máis complexos.
=Relacionar con claridade: altura-intensidade-duración.
=Lectura de partituras con valores estudiados e a súa interpretación
instrumental.
=Incluir máis instrumentos afinados como poden ser: guitarra,
piano, frauta. (sempre a elección do propio neno e das súas
habilidades).
=Inventar frases melódicas e acompañamentos.
=Compases compostos: 6/8, 9/8 e 12/8.
=Comezo anacrúsico.
=A síncopa.
=Notas a contratempo.
=O tono e o semitono.
=Os graos da escala
=As alteracións: o sostenido, o bemol e o becadro.
=Tonalidade e Modalidade.
=A armadura
=O acorde tríada maior e menor.
Ata a idade de 6 anos, os traballos que os alumnos farán
en clase, referente as fichas, son material propio do Taller Sonoro
Premusical. A partir dos 7 anos, seguiremos un libro que os alumnos
terán que mercar. Dito libro é un dos que se comezan
a dar no conservatorio a partir dos 9 anos.
Actividades
e xogos a modo de orientación para as clases dos tres niveis:
=Xogos
de atención e reacción.
=Xogos de movilidader e inmovilidader.
=Xogos motrices:
-Pulsación
-Cambios de frase musical.
-Cambios de velocidade.
-Cambios de intensidade.
-Cambios de altura de son.
-Cambios de timbre.
-Cambios de duración.
=Xogo
de "Acentos" (ritmo binario e ternario).
=Descubri-las posibilidades sonoras do corpo.
=Acompañar con percusión corporal rimas, refráns,
adiviñas, cancións......
=Xogos de son-silencio.
=Falar a contratempo.
=Aprendizaxe de danzas rítmicas.
=Diversos xogos de saúdos e presentacións.
=Cantar-camiñar-percutir.
=Onomatopeias (diversos xogos rítmicos)
=Trabalinguas.
=Inventar pequenas historias e conducilas con sons diversos.
=Contos musicais (escoitar, inventar, escenificar)
=A
ritmo binario batir palmas con diferentes combinaciones rítmicas.
=Mimo y dramatización de diferentes acciones.
=Expresarse libremente mediante el movimiento conducido por una
música.
=Acompañar con instrumentos diferentes músicas grabadas.
=Grabar voces e sons emitidos polos propios nenos e despois identificalos.
=Escoitar e moverse ó ritmo da música de diferentes
culturas.
=Inventar
cancións e acompañamentos.
=Seguir unha fonte sonora cos ollos pechados.
=Inventar partituras gráficas.
=Dictados rítmicos e melódicos.
=Cantar cancións e facer ritmos en canon.
=Entonar.
=Debuxar.
=Construir instrumentos.
=etc.
Os
materiais usados nas actividades serán:
=pelotas
blandas, aros, cordas, módulos de goma-espuma para construir
decorados de contos, barras de plástico de cores, pintura
de dedos, fichas elaboradas no propio taller, instrumentos caseiros,
objetos sonoros diversos.
|