Somos unha escola-taller que intenta iniciar nos seus primeiros pasos cara a música a nenos entre 4 e 9 anos, dun xeito pouco convencional. Cremos que o traballo de Educación Premusical debe realizarse sempre que sexa posible, coma un xogo, coma unha actividade lúdica e motivadora. Non se pode pretender formar grandes "músicos", pero si que as nenas e nenos amen a música, a vivan e se divirtan con ela, para que se un día deciden estudiala máis a fondo, teñan xa uns conceptos, unha actitude e unha predisposición favorables.

Os obxetivos xerais na Educación Musical son:

1- A educación rítmica
2- A educación vocal
3- A educación auditiva
4- A educación instrumental

A educación premusical é fundamental nos nenos, xa que é nesa idade cando son máis receptivos a todo estímulo exterior. Un neno acostumado a escoitar só un tipo de música, seralle moito máis difícil de maior, entender, valorar e disfrutar outra música, e só por algo tan sinxelo como é non proporcionarlle a ese oído unha educación máis ampla e máis aberta.

Existen diferentes métodos como poden ser o de Willens, Orff, Martenot, etc. Todos aportan aspectos diferentes e válidos, pero a tarefa última e fundamental, levaráa a cabo o mestre. Na educación musical hai determinadas cuestións que nos pasan por unha calidade de metodoloxía, sen?n por unha calidade e actitude humana frente ó feito educativo, é dicir, as veces é máis importante a dispoñibilidade e sensibilidade do mestre que o seguimento estricto dun método sen ter outro fin.

Defino o estadio de linguaxe PREMUSICAL, como o momento no que o individuo pode manifestarse musicalmente sen ter un coñecemento que vaia máis aló do espontáneo. Considero que este momento é primordial, é onde surxe a musicalidade, o agrado e o pracer de facer música, e entendo que o pracer é un bo xerador do desexo de aprender, para despois ir evolucionando cara a comprensión dunha linguaxe musical de maior nivel, que nos levará cara un estadio de madurez intelectual, motriz e de equilibrio emocional.

Aínda que non existe unha idade específica para iniciar unha aprendizaxe musical, debemos entender que non é o mesmo iniciar un proceso de educación auditiva e motriz ós 4 anos ou ós 20. Toda experiencia de aprendizaxe require, como xa dixera, unha evolución progresiva, unha madurez intelectual e motriz.

 

 

¿Onde estamos ?

Plaza 8 de Marzo, bajo s/n (Edificio D. Quijote nº2) Telf: 986 48 31 18 / 696 71 27 63 - Vigo (PONTEVEDRA)

Escríbenos mándame unha mensaxe

contrabaixo percusións debuxos na parede debuxos na parede ? ? ?